Gonzalo Caballero inicia unha rolda de contactos cos alcaldes e alcaldesas socialistas das cidades

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, iniciou unha rolda de contactos cos máis de cen alcaldes e alcaldesas socialistas de Galicia, comezando polas cidades de Vigo, A Coruña, Lugo, Santiago e Ferrol, e sinalou a coincidencia en que “é unha irresponsabilidade, que faltan garantías para que Feijóo convoque agora as eleccións galegas”.

Declaracións do secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

Lembrou que os concellos son conscientes da dificultade que se engade agora se se convocan eleccións. Caballero engadiu que en marzo consensuouse que se convocarían os comicios “despois do estado de alarma e da emerxencia sanitaria que existe agora, e nese senso o mellor sería convocar unha vez superado o proceso de desescalada”.

É o momento, tal e como indicou o máximo dirixente do PSdeG, de “priorizar a saúde”. Precisamente por iso, Gonzalo Caballero urxiu a Feijóo a que “rectifique” no seu intento de fixar as eleccións “sen coñecer como vai a desescalada nin poder confirmar todas as garantías” para a celebración do proceso. “Que poña a saúde dos galegos e das galegas por riba de calquera outro interese”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha