Gonzalo Caballero insta á Xunta a fortalecer un sistema de rastrexo, así como a atención primaria


O secretario xeral das e dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, pediu este mércores a Feijóo “que cumpra coa sanidade pública” fortalecendo un sistema de rastrexo que é “deficiente”, así como a atención primaria que está “desbordada” por falla de persoal, á que hai que sumar que “non se cobren as vacacións”.

Nesta liña, Gonzalo Caballero fixo un chamamento á “prudencia”. “Todos temos que ser responsables, a cidadanía ten que ser responsable cumprindo coas restricións, pero tamén Feijóo ten que ser responsable” fortalecendo a sanidade pública, xa que “é máis necesario que nunca para poder facer fronte aos retos sanitarios”.