Gonzalo Caballero | “Nós estamos preparados para o cambio de ciclo”

Cedida.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, levou “a axenda de cambio” ata Ourense, onde mantivo unha xuntanza de traballo con cargos do partido na provincia, e criticou que Feijóo tente “despistar á opinión pública” sen aclarar o escenario electoral.

“Busca despistar do seu fracaso, e non falar dos seus recortes na sanidade, do abandono do rural…, porque sabe que as contas non lle dan”, agregou o líder do PSdeG, antes de requirir a Feijóo “que teña responsabilidade e dignidade política” para non facer “vantaxismo” coa data electoral.

En todo caso, Gonzalo Caballero deixou claro que “os socialistas estamos preparados para o cambio de ciclo” cando Feijóo queira poñer as eleccións, co aval do traballo feito dende a súa chegada á Secretaría Xeral do PSdeG e tamén da labor do goberno de Pedro Sánchez. “Amosa que o país avanza cando gobernan os progresistas e retrocede cando o fan os conservadores”, evidenciou.