40
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, analizou a comparecencia de Feijóo no Parlamento, na que se presentou como “a oposición a Pedro Sánchez” e non como un presidente que está “loitando contra a pandemia e a crisis sanitaria, social e económica” derivada da covid-19. Caballero pediu a Feijóo que “abandone a estratexia de confrontación” co goberno progresista e dispoña “todos os fondos dispoñibles” para combater a pandemia dende os eidos nos que a Xunta ten competencias, sobre todo, porque “un rebrote do virus é o principal mal a evitar”. É por iso que chamou á “cautela”, á “prudencia” e á “corresponsabilidade” de todos, porque “a xente segue estando moi preocupada” pola extensión da pandemia.