Gonzalo Caballero pídelle á Xunta liquidez e axudas á hostalería

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, demandou á Xunta un plan de acompañamento á hostalería que inclúa liquidez e axudas directas enfocadas a evitar peches de negocios e ao mantemento do emprego.

“Sectores como a hostalería vense especialmente afectados pola crise da covid-19, porque a súa actividade está paralizada e porque son conscientes de que no futuro será distinta”, reflexionou o líder dos socialistas galegos, ao tempo que apuntou que en Galicia hai milleiros de familias que viven deste sector.

Precisamente por iso, Gonzalo Caballero chamou a atención sobre que a Xunta ten que complementar as medidas postas en marcha polo Goberno de España, que xa dispuxo axudas para as pequenas e medianas empresas, os traballadores e os autónomos, e facer desde Galicia un plan de acción para a hostalería galega.

“Hai que acompañar á hostalería galega nesta travesía de dificultade”, remarcou o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que a Xunta “ten orzamentos e ten competencias” para facelo.

Intenvención de Gonzalo Caballero, a prol das axudas á hostalería.