Gonzalo Caballero pídelle celeridade ao Goberno na rebaixa das peaxes da AP-9

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo un encontro co ministro de Transportes, José Luis Ábalos, e co secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, no que constatou o compromiso do goberno de España coa rebaixa das peaxes da AP-9. O dirixente socialista instou a traballar intensamente nunha rebaixa das peaxes que debe perdurar ata 2048 e que “se pode facerse en abril ou maio, mellor que en xuño”. O voceiro do Grupo Socialista no Parlamento chamou ao goberno de España a “non perder un minuto, nin unha semana” para acadar a transferencia e consolidar a rebaixa, incluída nos Orzamentos Xerais do Estado con 63 millóns de euros fronte aos “cero euros” que aporta Feijóo. Confirmou que “o traballo dos socialistas galegos na demanda do traspaso e a rebaixa fará que ambas cuestións sexan unha realidade”.