Gonzalo Caballero, incluíu nas listas persoas da súa confianza que xa o apoiaran dende a plataforma En Positivo no seu camiño á Secretaría Xeral do Partido.
Na Coruña o número un será Pablo Arangüena, avogado de profesión, é deputado no Congreso, que chega dende Madrid para encabezar unha lista na que o acompañan outros dous afíns á dirección galega: Noa Díaz e Martín Seco.
En Ourense será Marina Ortega, psicóloga e exconcelleira no Carballiño
En Lugo, a cabeza de lista é Patricia Otero, secretaria provincial do PSOE en Lugo, é licenciada en Dereito e foi concelleira en Burela, así como parlamentaria autonómica.
En Pontevedra encabeza a candidatura o propio Gonzalo Caballero, é profesor titular da Universidade de Vigo, onde se doutorou en Economía. Ademais, é doutor en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago.