Gonzalo Caballero presenta IdeaGaliciaLab,“para conectar a sociedade civil co partido que vai liderar o cambio»

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presentou este luns o novo laboratorio de ideas dos e das socialistas de Galicia, IdeaGaliciaLab, que ten coma obxectivo servir de enlace entre a sociedade civil e “o partido que vai liderar o cambio”.

Gonzalo Caballero referiuse ao PSdeG como “a casa común do progresismo” e afirmou que o laboratorio de ideas servirá como “caixa de reflexións, razoamentos e proxectos que permitan artellar un plantexamento para a maioría do país”. “Queremos ter as portas abertas a todas as ideas que poidan axudar a encarar unha Galicia máis próspera, sostible e xusta, e facelo a carón da sociedade civil”, destacou.

A cuestión de fondo deste proxecto é a necesidade de “dar solución aos grandes problemas do país” e de “poñer a Galicia na vangarda”. Construír, como dixo o líder dos socialistas galegos, “unha Galicia máis dinámica e próspera”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha