- O lider dos socialistas galegos ve os orzamentos da Xunta “un engano para tentar camelar aos galegos”, que “non caerán” tralos “incumprimentos” de Feijóo en 11 anos.
Pilar Cancela encabeza a candidatura do PSdeG na provincia da Coruña, a lista presentouse este domingo ao pé da Casa das Ciencias, nun acto ao que asistiu o secretario xeral dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero mostrou o seu apoio ás forzas de seguridade despregadas en Cataluña, en especial aos dous axentes galegos feridos. Tamén anunciou unha campaña electoral de proximidade para explicarlle á cidadanía que o 10 de novembro España decide se mantén un goberno que asegure os avances sociais:
«Temos que falar coa cidadanía de todo o que se decide o 10 de novembro, máis alá da cuestión da situación catalá. O 10 de novembro decidimos se este país avanza na senda de liberdades e dereitos sociais en cuestións como o dereito ao aborto,o dereito a unha morte digna a través da eutanasia, en cuestións como a igualdade real entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista».
En paralelo, o secretario xeral do PSdeG abordou tamén o proxecto de orzamentos da Xunta e advertiu de que supoñen “un engano para tentar camelar aos galegos” prometendo agora “todo o que non se fixo nin se quixo facer nos 11 anos de goberno de Feijóo”.