Gonzalo Caballero reafirma o compromiso do Goberno coas infraestruturas galegas

Cedida.

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, reafirmou en Madrid o compromiso do goberno presidido por Pedro Sánchez coas infraestruturas galegas logo da “paralización” de Rajoy e Ana Pastor, cando Feijóo presumía de ser “o máis caladiño da procesión”. Así o dixo logo dun encontro co secretario de Estado de Mobilidade, Transportes e Axenda Urbana, Pedro Saura.

O líder dos socialistas galegos revisou a axenda pendente para Galicia, logo de que o Tribunal de Cuentas confirmara a paralización do AVE a Galicia durante 3 anos cun sobrecuste de 500 millóns de euros cando Pastor era ministra de Fomento. Censurou que o PP pretenda agora “tomar vantaxe facendo demagoxia” cando as obras foran paralizadas coa complicidade de Feijóo.

Grazas á chegada de Pedro Sánchez ao goberno, dixo, o AVE “está moi ben encarrilado”, mentres o Executivo “cumpre cos investimentos necesarios e evitando ningún atraso derivado da acción de goberno”. Sinalou que nesta primavera estará en marcha a primeira metade do tramo Madrid – Galicia, e que toda a línea estará completada no primavera de 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha