33
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou o PAC no antigo Hospital Xeral de Vigo para reclamarlle a Feijóo que compareza no Parlamento para “amosar as listas de espera na atención primaria e explicar o auto demoledor do TSXG” contra o pasaporte covid da Xunta. Caballero anuncia iniciativas sociais e parlamentarias para “que o goberno da Xunta abandone a política da avestruz, dea a cara e explique os desastres da Consellería de Sanidade” que “lastran a reactivación económica, social e cultural do país”. Ademais, reclamou unha explicación sobre un auto xudicial que acusa á Xunta de “demonizar á hostalería e de atentar contra os dereitos fundamentais” da cidadanía.