39
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, indicou este sábado que “a condena a Louzán e á delegada da Xunta en Pontevedra, á que Feijóo nomeou hai uns meses, cando xa estaba imputada”, ten que ser “o elemento que faga a Feijóo reaccionar”. Máxime, como dixo Caballero, ante unha crise de tanta gravidade, cando “a ética e a transparencia dos cargos públicos é fundamental”, do mesmo xeito que a xestión e a utilización dos recursos públicos. Así é que urxiu a Feijóo que “teña unha actitude contundente” no caso da única deputación que preside o PP en Galicia, a de Ourense, porque ese “modelo caciquil” é “unha lacra.