Gonzalo Caballero reclama á Xunta que faga “contratos estables ao persoal sanitario”

1 minutes read
Intervención do líder do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou este venres á Xunta “unha nova política sanitaria” que, no camiño de “fortalecer” o sistema público, “ofreza contratos laborais estables e dignos a todos os profesionais dispoñibles en Galicia”. “Ademais dos aplausos de cada día ás oito da tarde, os profesionais teñen que ter un recoñecemento laboral e os complementos adecuados para o traballo en situación de risco que están facendo”, esgrimiu o máximo dirixente do PSdeG, para requirir “unha nova política de persoal” no Sergas. De feito, Gonzalo Caballero sinalou que “é inaceptable” que se chegara a comunicar ás enfermeiras que atenden os casos de coronavirus en Santiago a rescisión dos seus contratos, unha decisión que o Sergas tivo que rectificar ante as denuncias dos sindicatos e dos colectivos de traballadores.