O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclámalle á Xunta, na véspera da comparecencia do conselleiro de Cultura e Turismo no Parlamento, que “traballe seriamente para facer un auténtico plan de reactivación” dos ámbitos cultural e turístico, ao obxecto de “dar cabida ás demandas do sector”. Un sector que segundo Gonzalo Caballero “estannos trasladando malestar coa mala xestión da Xunta”. Neste escenario, o máximo representante do PSdeG recordou que xa reclamou á Xunta “un auténtico plan de acción e de apoio á cultura e ás industrias culturais galegas”, consciente de que este sector representa o 3% do PIB da comunidade e de que milleiros de familias galegas dependen del.