O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para poñer en valor o traballo “a carón da cidadanía” por parte das administracións locais e do goberno de España fronte á “ausencia” da Xunta para apoiar, por exemplo, aos autónomos -e que si se puxeron en marcha comunidades como Valencia ou Asturias-, Gonzalo Caballero criticou a decisión de Feijóo de nomear delegados territoriais da Xunta a varios candidatos do PP, que agora volven cesar para concorrer ás eleccións. “É unha utilización perversa do erario público”, manifestou, antes de recriminar a Feijóo que poña “os intereses do PP por riba dos intereses públicos” utilizando a Xunta como se forse “o seu chiringuito”.
31