Gonzalo Caballero recrimina a Feijóo non repartir máscaras a pesar de ter recursos

0 minutes read
Intervención do líder do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recriminou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o seu Goberno «non buscase máscaras de protección gratuítas» para distribuír entre toda a poboación galega» e só opte por perder o tempo «confrontándose» co Executivo central. Ademais, criticou que o titular da Administración autonómica «non atenda ao que pode facer en Galicia». De feito, Caballero censurou que «tampouco se dispuxeron axudas directas para autónomos ou medidas especiais» para sectores como o da hostalería.