Gonzalo Caballero reivindica ao PSdeG como “barreira de contención fronte aos recortes do PP”

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG propón, no inicio do curso político, “tres grandes pactos de país” para fortalecer os servizos públicos, modernizar a economía galega e pór ás institucións ao servizo das persoas. Destaca que “Galicia quere ser locomotora da reconstrución” e por iso “as e os socialistas galegos temos que poñer toda a enerxía renovable necesaria para poñer esa locomotora en marcha e tirar de Galicia pensando nos galegos e galegas”.

Ao fío disto, o máximo dirixente do PSdeG lamentou a actitude dun goberno galego “que ningunea aos alcaldes cargándolles competencias impropias” sen dotalos de financiación. “Un PP que confronta co goberno central e antepón as estratexias partidistas de Pablo Casado aos intereses lexítimos dos galegos e galegas”, o que supón “unha sorte do día da marmota no que sempre hai un anuncio rechamante, unha promesa de novos proxectos ou un titular de louvanza a Feijóo, pero chega a mañá seguinte e a realidade segue a ser a de sempre, recortes e máis recortes».