Gonzalo Caballero reprocha a Feijóo o seu “desplante” ao Parlamento por saír na TVG

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recriminou a Feijóo que decidira convocar unha comparecencia retransmitida pola TVG ao mesmo tempo que se celebra unha sesión plenaria do Parlamento na que o presidente estivo “ausente”. “Galicia non merece isto”, advertiu. “É unha falla de respecto e un desplante a todos os galegos”, manifestou Gonzalo Caballero, quen puxo o foco en que Feijóo utilizou esa comparecencia pública para dicir, “sen poñerse colorado”, que “non avala” o plan de desescalada presentado polo Goberno de España, a pesares de que a Xunta non presenta informes nin datos técnicos para posicionarse ao respecto. “Mentres Pedro Sánchez acude ao Congreso para anunciar a posta en marcha do ingreso mínimo vital para o mes de maio, Feijóo utiliza os medios públicos para seguir coa campaña electoral dunha dereita que perdeu o rumbo”, subliñou o líder do PSdeG.

Intervención parlamentaria de Gonzalo Caballero.