O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu a Feijóo a “despregar o paraugas da protección social” nun 2021 que debe ser “o ano da esperanza, da ilusión e da reconstrución” de Galicia tras un 2020 que foi “o ano máis duro que recordamos”. Ademais pídelle “compromiso coa sanidade pública, coa protección da cidadanía e cunha saída da crise que non deixe a ninguén atrás”. Caballero lamentou “a falla de rumbo e ambición” amosada por Feijóo no seu discurso de fin de ano, así como o insuficiente compromiso co público, en liña coa actitude do goberno neste ano e que se resume en “ausencia” e “inacción” ante os problemas da cidadanía. Fronte a iso, o líder socialista volveu tender a man para cooperar na saída da crise e garantiu que o PSdeG seguirá traballando en 2021 “para construír unha Galicia mellor”.
33