Gonzalo Caballero retira a súa precandidatura ás primarias do PSdeG

Segundo explica nun comunicado, faino por «lealdade e responsabilidade ante o cambio político que quero para Galicia» ante a proximidade das eleccións autonómicas. Logo da convocatoria, o luns 9 de outubro, asegura que continuou co proceso de escoita e contacto coa militancia iniciado en agosto para «fortalecer o PSdeG» tras os retrocesos electorais deste ano. En todo caso, Caballero agradece «infinitamente» o aval de centos de militantes e a dedicación do seu equipo de primarias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha