28
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de “lamentable” que Feijóo só decidise regresar das súas vacacións para facer de “teloneiro” de Pablo Casado no acto de apertura do curso político do Partido Popular despois de terse negado a comparecer no Parlamento polos problemas dos galegos e galegas. Esta circunstancia, afirma Caballero, amosa claramente que “Feijóo e Casado son as dúas caras dunha mesma moeda: o mesmo Partido Popular irresponsable e retrógrado”.