Gonzalo Caballero sinala que os orzamentos da Xunta representan unha “oportunidade perdida”

1 minutes read

Caballero interveu para presentar a emenda á totalidade das contas que presenta a Xunta e coas que “non imos ben para reactivar a economía e impulsar a Galicia, pois dilapidan e prefiren enterrar os fondos” adicionais poscovid que “non saben xestionar nin priorizar”. Sinalou que os Orzamentos da Xunta “non están á altura do que Galicia necesita” ao perseverar nun “plantexamento contable sen proxecto de país, sen estratexia para a reactivación, sen modelo económico, sen medidas e en definitiva sen política económica”. Sinalou que as contas limítanse de novo a un axuste que renuncia á modernización do país e que fracasan evitando potenciar os servizos públicos, a creación de emprego de calidade e a reactivación económica. Por tanto, lamentou a “oportunidade perdida” que representan os Orzamentos da Xunta para o ano 2022.