Gonzalo Caballero sinalou a vontade de cooperación de todas as forzas políticas galegas

Cedida.

  • O secretario xeral do PSdeG chama “á unidade e á lealdade para construír entre todos unha saída que nos fortaleza” trala crise do coronavirus.

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, explicou este martes que as forzas políticas están avanzando no acordo para a nova convocatoria electoral, que terá lugar unha vez superada a crise do coronavirus. Sinalou a vontade de cooperación por parte de todas as forzas políticas e a disposición a asumir que a convocatoria electoral activarase con posterioridade ao levantamento do estado de alarma e da emerxencia sanitaria. “A prioridade é loitar contra o coronavirus, e é evidente que agora non pode haber eleccións, polo que hai que acadar o mellor mecanismo para despexar esta cuestión con garantías”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha