32
- O socialista afirmou que este evento é moi importante a nivel económico tanto para Camariñas como para toda a comarca
O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este luns a 30ª edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Acompañado pola alcaldesa, Sandra Ínsua, e a concelleira de Encaixe, Encarna Liñares, o socialista puxo o evento como «referencia para o mundo da mellor artesanía e tradición local», ademais de enfatizar a importancia do mesmo que «dá posibilidades de futuro» á vila e tamén «crecemento económico» aos municipios da contorna.
Por outra banda, Caballero tamén felicitou á organización desta Mostra e ás catro palilleiras que foron recoñecidas polo Concello de Camariñas ao estar presentes nas 30 edicións da mesma. Un evento único que é «un xeito de construír país».