Gonzalo Caballero sofre un aparatoso accidente de tráfico en Cecebre

Cedida.

O ex secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero sufriu un aparatoso accidente de tráfico, con volta de campá incluída, do que saíu soamente cunha fractura de costela que non lle imposibilita facer vida normal. O sinistro produciuse na saída da AP-9 en Cecebre cando se dirixía, para comer, á Coruña. Ía só no vehículo e saíra de Santiago tras asistir ao acto de toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, celebrado no Parlamento. Segundo conta o propio Caballero, o accidente produciuse ao abandonar as cabinas de peaxe en Cecebre. Uns  patitos coáronse na calzada e o coche que lle precedía realizou unha manobra para non atropelalos. O exlíder do PSdeG non o lembra moi ben, pero si que chocou con ese vehículo ocupado por dúas persoas. O seu coche saíuse da estrada, aínda nos dominios da AP-9, e envorcou.Os dous ocupantes do outro coche tamén saíron do accidente sen maiores consecuencias.