Gonzalo Caballero visita Cee

0 minutes read
Visita de Gonzalo Caballero a Cee en 2019_Arquivo.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita Cee este xoves, onde terá un encontro de traballo coa alcaldesa da vila, Margarita Lamela. Ademais Caballero manterá unha xuntanza co comité de empresa de Xeal (antiga Ferroatlántica), que continúan coas mobilizacións para seguir esixindo a presentación do Plan de Viabilidade, e para denunciar a falta de investimentos nas fábricas.