Gonzalo Caballero visita este martes a Costa da Morte


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visita este martes a Costa da Morte, territorio onde unha ampla maioría de concellos teñen de alcalde ou alcaldesa a unha persoa do seu partido. O líder dos socialistas galegos interésase por diferentes melloras para a comarca, fixo parada en Camariñas, onde ao mediodía foi recibido pola alcaldesa, Sandra Insua, a quen lle mostrou o seu total apoio para traballar por diferentes melloras para a vila. A recuperación da Lonxa como museo do naufraxio, rematar e proxectar novos paseos marítimos ou a demanda á Xunta de servizos sanitarios de primeira, foron algunhas delas. Xa esta tarde, Gonzalo Caballero, está a traballar coa xente de Vimianzo, Fisterra, Dumbría e Corcubión.