Gonzalo Caballero | “Volveremos a ser a bandeira da reforma do Estatuto”


O Partido Socialista de Galicia acudiu este domingo a Rianxo á celebración do Día de Galicia, coa tradicional ofrenda floral ante o monumento a Castelao. Alí, o secretario xeral, Gonzalo Caballero, garantiu que “en canto remate a pandemia, os socialistas volveremos ser, ao igual que hai 40 anos, a bandeira e a referencia para construír un novo Estatuto de Autonomía de Galicia no que todos teñamos cabida e no que as galegas e os galegos poidan construír o futuro do país”. “Unha Galicia moderna que reclama o seu papel en España e en Europa, innovadora, sostible, desenvolvida, aberta ao mundo”.

O máximo responsable do PSdeG advertiu de que “non podemos seguir atrapados nos xogos estratéxicos da dereita e dos nacionalismos, que levan anos dicíndonos aos demais o que temos que facer e sen facer eles nada”. Por iso, remarcou, “eu hoxe non lle vou poñer deberes ao señor Feijóo, voumos a poñer a min mesmo e ao PSdeG”.