Vladímir Putin votou por internet na primeira das tres xornadas das eleccións lexislativas en Rusia. O presidente garda corentena polo contaxio de COVID de varios dos seus colaboradores. A presión do Kremlin conseguiu que finalmente este venres Google e Apple eliminasen unha aplicación promovida polos aliados de Alexéi Navalni, o líder opositor encarcerado. Nela propoñíanse os candidatos con máis posibilidades de derrotar aos oficialistas.
Andrei Klimov, director da comisión de protección da soberanía estatal e prevención da inxerencia estranxeira en asuntos rusos, deixábao claro. «Google e Apple chegaron á única conclusión correcta. No territorio da Federacion Rusa todos deben cumprir coa Constitución rusa e as leis do país».
38
