Google permitirá solicitar a retirada de fotos de Google Imaxes


O último de Google é un sistema para que os pais, nais, titores legais e os propios menores soliciten a eliminación de fotografías dos resultados de procura. O que queren conseguir é que os menores teñan máis privacidade e seguridade. A seguridade e privacidade na rede é algo complexo, moitos menores contan con redes sociais e isto termina dando lugar a que as súas imaxes aparezan en motores de procura.

Pode parecer algo sen importancia, pero é un tema complicado de tratar. Moitas redes sociais empezaron a ter en conta este tipo de situacións e tomaron medidas. Instagram é unha delas e o que fixo foi facer que as contas de menores fosen privadas de maneira automática, ademais de concienciar aos usuarios dos beneficios diso.

O que quere facer Google coas súas novas políticas é mellorar a seguridade e privacidade dos menores de idade. Iso si, isto centraríase nos servizos dos de Mountain View. O motivo principal é que os menores de idade poidan ter un maior control da súa pegada dixital.