A dársena de Malpica foi o escenario da primeira xornada da Festa Galega organizada pola concellería de Turismo do Concello de Malpica. Numeroso público asistiu o venres ós concertos de Caamaño & Ameixeiras, no que tamén actuou como artista local invitada Izíar Varela, cantante de Arredores. Ses foi o prato forte da xornada e fixo vibrar ós asistentes, seguidamente foi a quenda das cantareiras de Ialma que encantaron ós asistentes co seu repertorio. Este sábado a xornada comezou co desfile de Bandas organizado pola Asociación Cultural Malante de Malpica. Ás 12.00 horas comezou o desfile que partiu do Centro Cívico de Malpica e recorreu as rúas da vila. A comitiva estaba formada por Malante e a Banda de Gaitas de Barbude de A Estrada. A Charanga ACDC actuou pola noite ás 22.30 horas e ás 23.30 horas foi a quenda de Arredores.
28