Gran acollida do «modelo pandemia» de Berocasión

1 minutes read

Satisfacción xeneralizada, tanto por parte de vendedores como de visitantes asistentes a unha nova edición da feira do vehículo de ocasión, Berocasión, adaptada ao formato covid e celebrada durante a pasada fin de semana a modo de xornada de portas abertas en 11 concesionarios de Carballo. Púidose contemplar unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiamento. Á espera de datos oficiais, pecháronse numerosas vendas, e o máis importante, as que se pecharán nos próximos días, logo da visita e o contacto previo nos concesionarios participantes. O mal tempo non impediu que a xente se animase a visitar os coches durante toda a fin de semana.