Gran acollida na presentación de Iago Toba como candidato á alcaldía de Muxía

  • Este sábado o restaurante El Riojano de Muxía, encheuse de veciños da localidade para apoiar a Iago Toba Campaña, candidato á alcaldía de Muxía polo PSOE.

O PSOE de Muxía deu o pistoletazo de saída oficial á candidatura de Toba, que estivo arroupado por case 400 persoas, entre elas, moitos amigos e compañeiros de partido. O actual alcalde de Muxía, Félix Porto, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, non dubidaron en apoiar con fe cega ó cabeza de lista. Ao acto tamén acudiron os candidatos socialistas ó Senado, Antonio Vázquez e Obdulia Taboadela; e numerosos alcaldes da comarca como José Manuel Pequeño (Dumbría), Sandra Ínsua (Camariñas), Manuel Ínsua (Corcubión) e ata o ex alcalde de Camariñas, Valeriano Alonso.

Iago Toba, aínda que se mostraba algo nervioso por ser a primeira vez que se presentaba como candidato, só tivo palabras de agradecemento para todos os seus compañeiros de partido e para toda a xente que se uniu a el na presentación, reiterando que partía con dúas claves esenciais para poder gobernar: un proxecto estable e un equipo no que se alternan a experiencia e a mocidade, ademais dos alicerces básicos para ser un bo alcalde: humildade, honradez e traballo diario.

Porto despediuse do seu cargo cun «ata pronto», pois deixou claro que non se ía, senón que seguiría apoiando a «ou meu futuro alcalde», do que declarou que ante todo era unha boa persoa, e que o «ciclo non se cerra, senón que se renova». Toba tamén recibiu eloxios e apoios do seu compañeiro de partido e concelleiro Samuel Lago Ozón, que iniciou a presentación afondando na importancia de ser «boa persoa, algo necesario para ser un bo líder». Pola súa banda, Caballero tamén encomiou ó novo candidato socialista, e mostrou un apoio total ó proxecto de Muxía. Ademais, tamén intentou fortalecer a súa candidatura á presidencia da Xunta, manifestando que «por un voto, decídese un goberno», e que «Feijóo é o líder do cinismo político […] e deixou a sanidade galega na UCI».

Próximamente presentarán a lista completa da candidatura ó goberno socialista de Muxía, así como o programa electoral.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha