Gran actuación da AD Fogar no Nacional de Duatlón de Alcobendas

1 minutes read

A pasada fin de semana os triatletas de Carballo e Oleiros conseguían unha máis que destacada actuación en Alcobendas con motivo da disputa do Campionato de España de Dúatlon Contrarreloxo e Substitucións por equipos; segunda das citas da Liga Talento para as categorías cadete e xuvenil na que os deportistas da AD Fogar están a militar na Primeira División Nacional Masculina entre os 15 mellores equipos de España. Compre recordar que o ano pasado acadaron o ascenso logo de facerse co título de segunda división. Na contrarreloxo por equipos do sábado, A. Bello, H. Souto, R. Otero, X. Guitián, J. Barcia e M. Souto foron 7º de 44 equipos e clasificaron na 5ª praza da primeira división nacional cun tempo de 22 minutos e 30 segundos. O domingo na proba de substitucións o primeiro equipo volveu ser 7º de 28 con A. Bello (21’32»), X. Guitián (23’07») e H. Souto (22’15») rematando como os 6º mellores da primeira división cun tempo total de 1h 06’55». O equipo B que tomou parte na competición open con J. Barcia (22’36»), M. Souto (24’01») e R. Otero (23’07») foi 12º de 73 cun tempo total de 1h 09’45».