A Expourense foi testemuña do talento e a progresión das deportistas da A.D. Fogar. Ana Ézara, María Liu Brandón e Sara García brillaron con luz propia no Campionato Galego Sub 18 de pista curta, asinando unha actuación impecable que se traduciu en catro marcas persoais e un novo récord do club. Na proba dos 800 m.l. María Liu Brandón (2009) detivo o crono en 2’35»72, rexistro que non só supón a súa mellor marca persoal e o oitavo posto galego, senón tamén unha nova plusmarca do club na categoría dos 17 anos. Pola súa banda, Ana Ézara (2010) acadou a 14ª posición nos 400 m.l. cun gran tempo de 1:04.78 (MMP), mentres que Sara García (2009) completou o éxito colectivo rebaixando as súas marcas tanto nos 400 m.l. (20ª con 1’08»13) como nos 200 m.l. (22ª con 29»86).