Gran actuación do Grupo Lemaco B na Final Four pese a quedar cuarto

2 minutes read

A pesar da clasificación final, cuarto clasificado, o Xiria demostrou estar ao nivel dos seus opoñentes, mostra de lo foi que o emparellamento de semifinais se decidiu nos lanzamentos de 7 metros ante o campión e equipo local Balonmán Lalín

SEMIFINAL: Grupo Lemaco Xiria B 35 – Upi Informática Lalín 36 (17-15)(27-27)(32-32)

O cruce de semifinais ante o Lalín, presentábase como o partido clave da Fase, e así foi. Ambos equipos competiron por cada balón por cada espazo no terreo de xogo e a igualdade tivo que desfacerse na segunda ronda dos lanzamentos de 7 metros en favor do Balonmán Lalín.

Sabía o Grupo Lemaco da fortaleza e maior físico dos xogadores locais, sabía que tiña que aguantar dentro do resultado ata os minutos finais onde ao Lalín lle podía pasar factura o desgaste, como así aconteceu.

Saíron ambos conxuntos, como era de esperar, con moitos nervios e moito respecto cara o rival, si cabe o Lalín sempre un paso por diante no marcador, cunha defensa aguerrida que non cedía ocos para penetracións e de envergadura, que non facilitaba o lanzamento a distancia, o Xiria foi aproveitando as súas opcións e mantíñase no partido.

A defensa planeada polos carballeses non daba seus froitos esperados mentres o rival se mantiña fresco, pero no momento clave do encontro a falta de 15 minutos, o Xiria meteu un pouco máis de presión sobre a circulación de balón e poido parar en seco o ataque do rival, correr en contras e igualar o partido, o que nos levaba a prórroga.

Na prórroga novamente o Lalín dominaba no marcador, vantaxe de dous goles en varias ocasións, que o Xiria conseguía neutralizar. No remate da mesma e a falla de 7 segundos o Xiria dispuxo dun lanzamento de 7 metros, que errou e levounos a ronda de 7 metros.

Na primeira ronda de 7 metros, os nervios volveron a aflorar, e o empate persistía na eliminatoria. Volveuse a unha nova ronda, pero esta vez con gol de ouro, onde o Lalín atopou o pase para a Final polo erro do Grupo Lemaco no derradeiro lanzamento.

3º e 4º POSTO: Grupo Lemaco Xiria B 33 – Telepizza Arteixo 37 (17-15)

O domingo, despois da eliminación o Grupo Lemaco tiña que disputar o partido polo 3º e 4º posto ante o Telepizza Arteixo.

O esgotamento físico e sobre todo o mental, pasoulle factura, pois fíxoselle un partido demasiado longo ante un moi bo rival que o día anterior non puidera demostrar o seu potencial ante o balonmán Tui na outra semifinal.

Dominou o encontro o Xiria ata a falta de 10 minutos onde o rival literalmente pasoulle por riba, soubo moi ben o Arteixo atacar a defensa aberta dos carballeses, e pechar as súas liñas defensivas ante os ataque do rival.

Fase Final Four onde o Grupo Lemaco B, amosou que pese a ser casi todos os xogadores de primeiro ano, foi quen de competir ante os mellores da Liga Prata.