O domingo 26 oito atletas da A.D Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Sub18 en Pista Cuberta que se celebraba nas instalacións da Expourense. Alí calaron unha máis que destacada actuación acadando nove mellores marcas persoais, oito récords do clube, 1 medalla de prata e sete tops dez entre os mellores atletas galegos. Os resultados máis destacados foron, a medalla de prata de José M. Negreira no concurso de altura, a 4ª praza de Andrea Lamas nos 400 m.l., os 5º postos de Iago Prada e Anxo Bello nos 1.500 e os 3.000 m.l. respectivamente e o 6º lugar de Hugo Martínez tamén nos 3.000 m.l. Desta volta as mellores marcas do clube conseguíanas Pedro Mesejo (17 anos) nos 60 e os 200 m.l., Andrea Lamas (17 anos) nos 400 m.l., Hugo Martínez (17 anos) nos 3.000 m.l., José M. Negreira (17 anos) en altura, Sara Gabín (16 anos) nos 800 m.l., Iago Prada (16 anos) nos 1.500 m.l. e Anxo Bello (16 años) nos 3.000 m.l.