Gran asistencia á charla sobre o cancro celebrada en Malpica


Unhas 70 persoas acudiron á conferencia sobre a importancia da actividade física nos maiores e nos enfermos de cancro celebrada na Confradía de Malpica.  

A concelleira de deportes, Noelia Freijerio, abriu o acto explicando que, “a actividade está directamente relacionada co programa anual “Malpica Actívate”. Sempre crin que o Concello ten que ir da man das asociacións locais para que as cousas saian ben. Por iso quero darlle as grazas á Confraría, ao Fogar dos Pensionistas, ás Amas de Casa de Malpica e sobre todo á Asociación Española Contra o Cancro, por acoller esta iniciativa que lle fixemos desde o Concello con moita ilusión”.

Proseguiu agradecendo á Inés López, por prestase a axudarlles a levar a cabo a actividade, e por suposto, a María Bardanca, técnica de deportes, por ser unha gran profesional.

Inés López, fisioterapeuta especializada en exercicio terapéutico oncolóxico,explicou os tipos e cancro, e cales son os deportes ou actividades físicas  máis recomendadas en cada caso. A importancia que ten manterse activo e evitar o sedentarismo. María Bardanca, pola súa banda, licenciada en ciencias e actividade física e o deporte, explicou as actividades que se poden realizar en instalacións do Concello e tamén recalcou a importancia de facer sempre exercicio en medida das posibilidades de cada un.

O alcalde, Eduardo Parga, agradeceu a asistencia a todas as persoas e entregoulle un agasallo da Olería de Buño ás dúas poñentes.