Gran avance en Járkov segundo o presidente de Ucraína

Segundo medios ucraínos as tropas chegaron a 4 quilómetros de Rusia nalgunhas zonas. As imaxes foron compartidas polo presidente ucraíno Volodímir Zelenski cunha mensaxe incluída de agradecemento que prometía expulsar aos ocupantes de cada municipio ucraíno. O presidente destacou que Ucraína recuperou 2000 quilómetros cadrados do seu territorio. O Instituto para o Estudo da Guerra cuxa sede atopa en EEUU na súa actualización diaria afirma que as forzas ucraínas han recuperado máis territorio que o que os rusos lograran ocupar desde abril. Ucraína apunta que as tropas rusas son presas do pánico. Rusia sinala que se debe a un repregamento de tropas cuxa misión é reforzar as forzas en Donestk.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha