Gran colaboración veciñal na aplicación da ordenanza sobre as plantacións en Ponteceso

dvp.

  • O intenso labor de vixilancia e control realizado polo concello está a traducirse na limpeza maioritaria das plantacións

O intenso labor de información, vixilancia e control realizado polo Concello de Ponteceso para plantar cara ao lume está a dar froitos. O concelleiro de Seguridade, Faustino Lema, quixo poñer en valor a colaboración veciñal na aplicación da ordenanza municipal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións, que entrou en vigor en agosto do ano pasado.

A campaña informativa comezou co envío de 9.000 cartas aos propietarios das fincas afectadas para comunicarlles as franxas obrigatorias de xestión de biomasa vexetal e retirada de árbores, tal como establece a lexislación autonómica, así como un mapa-esquema coas distancias de plantación estipuladas.

Desde o goberno local tamén intensificaron a vixilancia e control das parcelas situadas en solos urbanos, de núcleo rural ou urbanizables, nos que as competencias de actuación son municipais, advertindo aos seus donos da obrigatoriedade de respectar a lei e da posibilidade de incorrer en infraccións que poden levar consigo sancións de 100 a 3.000 euros.

A colaboración por parte dos propietarios das plantacións está a ser moi maioritaria. Neste sentido, o concelleiro de Seguridade destacou a importancia de que toda a sociedade colabore para evitar a lacra que supoñen os incendios forestais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha