Gran concerto de «Os Piñeiros» en Cee

1 minutes read

A cita foi na Praza Otero Lastres este domingo ás 21.00 horas, dentro da programación do agosto Cultural 2020, organizada polo Concello de Cee. Non foi o que podería haber sido en condicións normais, pero Os Piñeiros non defraudaron, ante unha praza entregada a súa música, temas de onte, de hoxe e de sempre. Os Piñeiros é o nome artístico dos xemelgos Iván e Diego,que desde nenos xogaban á música xuntos. Salientar que Diego gañou o concurso Rock in Cambre nos anos 2015 e 2016 e que entre as influencias musicais que seguen están as de artistas consagrados como Rem, Europe, Bob Dylan, Creedence, Michael Jackson, Lennon, Bob Marley, Fito, etc.

Momento do concerto de Os Piñeiros, na Praza Otero Lastres, este domingo en Cee.