Gran éxito do maratón de spinning solidario perruno celebrado en Carballo

0 minutes read
  • O evento tivo lugar este venres no Centro Deportivo Corporal X- Pression da localidade, en solidariedade coa Asociación “Amigos de los Perros”.

Éxito total da celebración do terceiro maratón de spinning solidario perruno no que participaron 25 persoas que colaboraron coa doazón de alimentos para os animais da protectora carballesa «Amigos de los Perros». A coordinación correu a cargo dos monitores Suso Felípez, Maribel Pichel e Pablo Cotelo. Lograron recadar unha tonelada de penso e comida para cans e gatos. Parabéns pola iniciativa.