Gran éxito en Malpica da I edición do BALEAFEST

Cedida.

O rocanrol volveu a facer vibrar Malpica na primeira edición do Baleafest da man da Asociación Campal e a concellería de Festexos que dirixe Alfredo Cañizo.

A rúa Emilio González encheuse onte de numeroso público ávido de gozar do evento que non deixou indiferente a ninguén. Os grupos Ambigüo e The Jokers animaron a noite, na que o tempo acompañou. Antes, actuou a asociación local de música tradicional Malante.

Dende a concellería de Festexos do Concello de Malpica ‘seguimos a apoiar sempre todas aquelas iniciativas lúdicas e culturais que fomenten o dinamismo e que sexan propostas, sobre todo, polas diferentes asociacións da vila’, matizan.