Gran expectación no inicio do curso en secundaria

1 minutes read
  • Preto de 93.000 estudantes de ESO, Bacharelato e FP comezaron o curso en Galicia con normalidade.

Este mércores abriron os centros educativos para acoller aos estudantes de secundaria, onde os alumnos se irán incorporando gradualmente ata o venres. Estivemos ás portas do Instituto carballés Alfredo Brañas, onde como mostra a instantánea, houbo aglomeración de alumnos, en casos acompañados polos seus pais, pero sempre gardando as distancias e as normas impostas pola situación sanitaria que nos está tocando vivir. Logo de seis meses fóra das aulas, a maioría dos presentes mostrábanse entusiasmados, alegres e con moitas ganas de volver tomar contacto físico co centro e sobre todo con compañeiros e profesores. En xeral houbo normalidade, aínda que había convocada unha xornada de folga, na que segundo os últimos datos non chegou ao 10% da participación.