A pasada fin de semana tres atletas da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte noutras tantas probas dos calendarios galego e nacional de atletismo. O sábado 24 de xaneiro, Rosalía Cid da categoría sub 10 participou en Ribadavia no Campionato Galego de Campo A Través de menores, onde acadou un moi bo 21º posto feminino. O domingo 25 de xaneiro no Campionato Galego sub 23 de Pista Curta celebrado na Expourense, Pedro Mesejo gañou o bronce masculino nos 60 m.l. e asinou un 4º nos 200 m.l. Pedro mantivo un gran nivel igualando a súa mellor marca persoal e o récord absoluto do club nos 60 m.l. cun rexistro de 7.24 e mellorando o súa marca persoal e o récord absoluto do club nos 200 m.l. cun tempo de 23.21.
Compre subliñar tamén que Nuno Moure formou parte do combinado galego sub 23 no Campionato de España de Campo A Través por FF.AA. celebrado o domingo na localidade cordobesa de Almodóvar del Río. Nuno foi 52º clasificado a título individual e acadou xunto aos seus compañeiros de selección o 11º posto nacional por equipos.
12