Gran oferta de actividades en Camariñas con palillo, ioga ou surf

PIXABAY

  • A inscrición remata o 29 deste mes

O Concello de Camariñas conta cun gran programa de actividades culturais e deportivas para os próximos meses. Ás xa iniciadas clases de ioga, pilates e palillo sumaranse o vindeiro martes, 2 de novembro, novas iniciativas como ‘Concello activo kids’, pensada para nenos nacidos entre o 2015 e o 2010 e na que se ofertan: fútbol, balonmán, xadrez, cursos de vela, kaiak e outras actividades relacionadas co mar.

Tamén hai opcións para todas as idades coa Escola de Música. Música e movemento, linguaxe musical, instrumentos, baile galego e moderno, danza coreográfica ou coro municipal forman parte desta programación.

Para adultos ofértanse clases de palillo, ximnasia de mantemento, relaxgim, pilates ou ioga, zumba ou ‘Concello Activo Sénior’, composto por actividades para os máis maiores.

Para solicitar máis información pódese acudir á biblioteca municipal de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou ben chamar aos teléfonos 981 73 72 34 ou 665 13 44 90. Tamén existe a opción de enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@camarinas.net. Por outra banda, quen o desexe pode achegarse ao o departamento de Deportes na Casa do Concello de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao teléfono 662 51 91 33 ou enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@camarinas.net.

As persoas interesadas en participar nalgunha actividade deberán achegar a documentación requerida na sede electrónica do Concello. O usuario deberá solicitar unha carta de pago no departamento de deportes ou na biblioteca municipal. O prazo para inscribirse remata o 29 deste mes e as solicitades que se entreguen fóra de prazo pasarán a unha lista de agarda.