Gran papel dos nadadores da A.D. Fogar no Campionato Nacional Júnior e Absoluto celebrado en Sabadell

Do 11 ao 15 de marzo os júniors Anxo Fuentefría (17 anos), Carlos Casal (16 anos) máis o sénior Martín López, representaron á A.D. Fogar de Carballo e Oleiros no Campionato de España de Natación Júnior de Inverno e Absoluto “OPEN” P50 celebrado nas instalacións de Can Llong do C.N.Sabadell. O torneo nacional contou cun altísimo nivel e o concurso de 223 clubs e 1500 nadadores-as. No que respecta aos nosos, Anxo nadou a final conxunta dos 200 braza na que rematou 6º clasificado dos de 17 e 18 anos batendo o mellor rexistro absoluto do club, ademáis foi 16º nos 100 braza e 36º nos 50 braza mellorando tamén os rexistros do club dos 17 anos. Pola súa banda Carlos nadou a final de 16 anos dos 100 braza rematando na 8ª praza da súa categoría. Na categoría absoluta Martín foi quen de igualar o récord absoluto do club na proba dos 50 braza clasificando na 39ª praza.

Related posts

O club larachés SAL destaca no Campionato Galego Open

O Concello da Baña celebrará o domingo 3 de maio a súa segunda Carreira Popular

Bergantiños 3 – Lealtad 0 | O conxunto carballés agasállalle unha vitoria a súa afección