O Bergantiños foi eliminado da Copa do Rey pola mínima, 0-1, nunha xogada a balón parado tras un corner que lanza Joan Jordán desde a dereita e Koudé remata á rede para poñer por diante ao Sevilla.
O Sevilla logra así o pase á seguinte rolda da Copa do Rei. Valeu o solitario tanto de Koundé no minuto 16 da primeira parte. A choiva que caeu durante todo o día sobre A Coruña fixo que o terreo de xogo estivese moi pesado e equilibrou as forzas de ambos equipos. O Bergantiños tivo o empate no desconto nun balón que Jorge Cano rematou fóra.
Gran traballo do conxunto de Carballo que plantou cara a un dos mellores equipos de España, esperemos que esa inxección de moral lle sirva aos de Borja Facal para recompoñer o seu xogo e así a súa posición de quinto pola cola na táboa clasificatoria da Terceira División Grupo 1, que é de momento a súa liga.
Ficha técnica del partido
0 – Bergantiños: Cristopher; Toni, Iago López, Marcos, Aarón; Agulló, Granada (Remeseiro, min.76); Diéguez (Duque, min.56), Diego, Jorge Cano; Rivera (Alfaya, min.63).
1 – Sevilla: Bono; Pozo, Sergi Gómez, Koundé, Escudero; Gudelj, Jordán, Óliver Torres (Banega, min.63); Ocampos (Rony Lopes, min.53), Chicharito (Munir, min.78) y Dabbur.
Goles: 0-1, min.16: Koundé.
Árbitro: González Fuertes (comité asturiano). Amonestó a Ocampos (min.27), Diego (min.41) y Chicharito (min.72).
Incidencias: Partido correspondente á primeira ronda da Copa do Rei disputado no Estadio de Riazor ante 3.667 espectadores.
