Gran partido do Calvo Basket Xiria ante o CB La Flecha (97-77)

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria xogou un gran partido este sábado na casa, pero a pesar da diferenza considerable no marcador, non o tivo nada fácil ante o CB La Flecha. O encontro ata o descanso foi moi igulado, defensas agresivas e moita anotación exterior en ambos equipos (24 triplas entre ambos). Tras o decanso o Basket Xiria colleu unha pequena diferenza de 9 puntos ao finalizar o cuarto, pero non llo puxo fácil o conxunto vallisoletano, que non deixaba de anotar a pesar da intensidade e os cambios en defensa dos de Carballo. Xa no último tempo o acento anotador do Calvo Xiria rompeu o partido (parcial 30-19), chegando a un final de encontro co que suma a súa sexta vitoria a falta de dúas xornadas para o remate da primeira volta. Rubén Rey foi o Xogador Calvo do encontro. Tras o parón do Nadal a competición reaunudarase o 08/01/23, onde o Calvo Basket Xiria visitará á Cultural Leonesa.