Gran posta en escea do disco !Viva Galicia!. A Música no Tempo de “La Casa de la Troya”


Grande foi a resposta do público carballés na tarde noite deste sábado a presentación no auditorio do Pazo da Cultura do disco CD !Viva Galicia! A Música no tempo de “La Casa de la Troya”. Baixo a dirección de Fernando Reyes, non fallou nin unha nota, e todos os interpretes recibiron multitude de felicitacións e mostras de agarimo ao remate do acto.

Mostramos no seguinte vídeo unha peza da actuación durante a presentación do disco dos Troyanos de Compostela este sábado en Carballo.

Actuación durante a presentación do CD !Viva Galicia!.